Os Mapas interactivos
Primeiro só a lonxitude do artigo.
Lonxitude do artigo normalizada pola cantidade de xente do concello. É dicir, a cantidade de palabras que existen no artigo por cada persoa que vive no concello.
Como se fixo
Á idea é simple, obter os datos da galipedia e simplemente contar as palabras. Na versión normalizada aumenta un pouco a dificultade xa que implica recoller os datos de poboación. O primeiro paso será polo tanto obter unha lista dos concellos da Galiza. Isto, vendo o fácil que era fíxeno a man, é dicir, copieinos a un arquivo .txt. A partir deste xa poderemos facer as chamadas a API da wiki para poder ver os artigos en concreto. Para iso use o seguinte script de python:
En xeral facer e usar o script é bastante fácil. Hai que ter coidado cos encodings dos arquivos iso si, xa que estes poden non estar en UTF-8 o cal pode implicar problemas ao facer as peticións á galipedia.
Para normalizar o proceso é similar. Os datos collinos á man do IGE, de onde os podes descargar en diferentes formatos. Despois, lemos os datos dos arquivos (a saída do anterior e os descargados) para combinalos mediante o seguinte script de python:
Con isto conseguimos os datos, pero e os mapas? Os mapas son incluso máis sinxelos de facer grazas a Datawrapper. Nesta páxina web podemos crear todo tipos de mapas e gráficos de maneira sinxela, simplemente importando os datos que conseguimos antes. Se queredes botarlle unha ollada aos datos que obtiven deixovolos aquí.